Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

O alcalde acompañou á ministra e ao secretario xeral dos socialistas galegos no acto dos Iguais 2010

O alcalde acompañou á ministra e ao secretario xeral dos socialistas galegos no acto dos Iguais 2010

IGUALDADE

O alcalde asiste aos premios Iguais 2010

07/07/2010

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu á entrega dos premios Iguais 2010, organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade, un galardón que recoñece a aquelas persoas e institucións que destacaron pola súa contribución á igualdade.

No acto, a ministra criticou ao PP por non asumir a Lei de Saúde Sexual e Reproductiva, que entrou en vigor o luns 5 de xullo, e que está pendente do recurso de inconstitucionalidade presentado polo PP.

Lembrou que "o aborto non é un invento do Goberno", senón unha realidade, posto que o número de interrupciones do embarazo aumentou nos últimos anos.

No acto, a ministra de Igualdade, Bibiana Aído, acompañada pola secretaria de Igualdade do PSdeG e directora do Instituto da Muller, Laura Seara, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE Pachi Vázquez, reivindicou a loita pola igualdade como parte do ideario socialista.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org