Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

TRANSPORTE COMARCAL

Incompetencia, desidia e insolvencia definen a actuación do grupo municipal popular

09/07/2010

O grupo municipal socialista rexeita as acusacións feitas públicas na mañá de hoxe polo voceiro da oposición no Concello, Gerardo Conde Roa, en relación coa posta en funcionamento do transporte comarcal.
Nelas manifestaba que "la situación es consecuencia de la desidia, ganduleo e incompetencia del Gobierno municipal", palabras que definen e retratan por si mesmas a propia actuación do grupo municipal popular e moi especialmente a do seu voceiro no Concello: incompetencia, desidia e insolvencia.

A incompetencia da oposición queda de manifesto tamén nas súas declaracións de hoxe nas que acusan ó goberno municipal de non mercar "las máquinas canceladoras como consecuencia de la no aprobación de los presupuestos para 2010". Unha vez máis tratan de confundir a opinión pública amosando a súa falta ou terxiversación de información, xa que as devanditas máquinas deben ser sufragadas e homologadas pola Xunta de Galicia (e non polo Concello), a través da Dirección Xeral de Mobilidade, tal e como se establece no propio convenio comarcal no apartado de política tarifaria.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org